Alumnado de infantil e primaria cos representantes das entidades organizadoras do premio
A RAG é unha das entidades promotoras destes premios xunto ao Grupo As Médulas para a lingua e a cultura galegas no Bierzo, o Instituto de Estudios Bercianos, Edicións Positivas, a Xunta de Galicia, a Junta de Castilla y León e o Consejo Comarcal del Bierzo. A convocatoria constou de tres modalidades. Unha premiou os debuxos realizados por alumnado de infantil e primaria adscrito ao programa para a promoción do galego no Bierzo, outra dirixiuse ao alumnado de ESO e bacharelato que tamén estuda galego neste territorio e a terceira abriuse ao alumnado de galego e portugués da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada e a calquera persoa berciana maior de 18 anos.
A entrega dos galardóns desenvolveuse nun ambiente festivo que continuou con contos de medo a cargo de Paula Carballeira e un magosto popular. O xurado valorou a orixinalidade, a creatividade, a calidade estética e artística dos traballos premiados e, no caso dos textos literarios, a calidade lingüística. Os debuxos e textos gañadores foron recollidos nunha publicación presentada durante o acto.
Os premiados na modalidade dirixida a alumnado de ESO e bacharelato