![](/documents/35271/86557/20.10.26_01_01.jpg/bb058ceb-2c30-4dd6-9f12-e2fb1401491d)
O volume xunta máis dunha trintena de colaboracións de antigos alumnos e alumnas e amizades de Carballo Calero. Os seus promotores tamén organizaron a exposición itinerante co mesmo nome, na que colabora a Real Academia Galega, e puxeron en marcha a páxina carballocaleroenlugo.org.
Araceli Herrero Figueroa, discípula do profesor falecida o pasado mes de xuño, é unha das antigas alumnas do homenaxeado que participa no volume. "Se hai un texto de Carballo que deberiamos coñecer, agradecer e aplaudir todos os lucenses, é a conferencia que impartiu no Centro Lucense de Buenos Aires, Quinze anos em Lugo, texto no que se nos precisa que, se ben se criou á beira do mar ártabro, na súa moi querida cidade de Ferrol, Lugo representa na súa vida e familia un espazo e tempo de acariñadas lembrazas", escribiu a filóloga e escritora.
![](/documents/35271/86557/20.10.26_01_02.jpg/51982b62-1320-b38b-214f-9327db45408e)