Convite da Irmandade da Fala da Coruña remitido á RAG co gallo da ofrenda floral no cemiterio de Santo Amaro a Pondal, Curros e Chané.
Fonte: Arquivo da RAG
Carta de Lugrís á Academia con motivo da publicación da súa gramática.
Fonte: Arquivo da RAG
Comunicación da elección de Risco como "conselleiros supremo" da Irmandade Nacionalista Galega.
Fonte: Arquivo da RAG
Carta de Amador Montenegro Saavedra acusando a recepción da comunicación do seu nomeamento como académico correspondente.
Fonte: Arquivo da RAG
A dixitalización desta correspondencia histórica garante a preservación de máis de 2.500 documentos e facilitará o acceso a eles a toda a comunidade investigadora interesada no estudo da historia da RAG e do galeguismo. A empresa Unayta foi a encargada do escaneado en alta resolución de todas as cartas nas propias instalacións temporais da Academia.
A natureza das misivas é diversa. Contempla dende notificacións aos novos membros da Academia dos seus respectivos nomeamentos a convites como o remitido á Academia pola Irmandade da Fala da Coruña co gallo da ofrenda floral a Pondal, Curros e Chané no cemiterio de Santo Amaro, o envío de libros como a Gramática do Idioma Galego de Manuel Lugrís Freire ou avisos como o remitido pola Irmandade Nacionalista Galega comunicando a elección de Vicente Risco como "conselleiro supremo" desta sociedade e ofrecendo a súa cooperación á RAG.