Dispoñible en liña o novo 'Cadernos de Lingua'

Cadernos de lingua nº 34 contén cinco artigos de investigación lingüística e dúas recensións sobre dúas publicacións de actualidade.
Portada de Cadernos de Lingua 34
Portada de Cadernos de Lingua nº34


A revista -dirixida e coordenada polos membros de número da Academia, Manuel González e Xosé Luís Regueira- vén sendo publicada desde 1990, e ten como obxectivos promover a investigación sobre a lingua galega e darlle publicidade a aqueles aspectos lingüísticos considerados de maior relevancia no momento da súa publicación.

No seu número 34, Cadernos de lingua contén artigos de Domínguez Noya, Pérez Fernández, Mosquera Castro, Martíns Seixo e Louredo Rodríguez; así como dúas recensións, unha de Basanta Vallés e a outra de Sánchez Palomino.

Esta publicación pódese descargar aquí.