Día internacional dos arquivos

O Arquivo da Real Academia Galega súmase á celebración do Día Internacional dos Arquivos que se conmemora o 9 de xuño.
Partitura musical
Esta partitura musical de E. Saunier e Carlso Vaamonde, forma parte dos documentos recibidos pola RAG


O 9 de xuño de 1948 a UNESCO creou a institución non gubernamental ICA, ou Consello Internacional de Arquivos, co fin defender a preservación e protección do patrimonio documental, e reúne as institucións arquivísticas e profesionais de todo o mundo. Desde a súa fundación o ICA elaborou normas comúns e documentos de boas prácticas, favorecendo así a xestión dos centros, a difusión da documentación e a protección do patrimonio documental.

O Día Internacional dos Arquivos permítenos recordar que estes están formados por documentos creados, recibidos e conservados por unha organización ou unha persoa. É un día de chamada de atención para dar a coñecer cal é a función do arquivo e o labor dos seus profesionais.

Mostramos,a continuación, documentos atesourados polo Arquivo da Academia que son testemuño desta formación dos fondos, así como dos fins da institución.

Documentos producidos pola institución no desenvolvemento da súa actividade

Acta fundacional da Academia
Acta fundacional

Papeleta do dicionario
Papeleta do Dicionario da RAG


Documentos recibidos pola institución:

Billete de libre circulación ferroviaria de Villar Ponte
Billete de libre circulación ferroviaria de Villar Ponte tras ser elixido deputado


Documentos conservados pola institución:

Carta partida
Carta partida