Nado en Pontevedra en 1906 e finado na mesma cidade en 1996, Xosé Fernando Filgueira Valverde foi membro fundador do Seminario de Estudos Galegos, director do Museo de Pontevedra, alcalde da mesma cidade e, xa na democracia, conselleiro de Cultura.
Escritor prolífico e dotado dunha grande erudición, a súa inxente produción abrangue unha ampla diversidade de temas, tratados sempre con gran rigor intelectual, entre os que salientan as súas achegas á nosa historia e etnografía, así como ao estudo da literatura galega medieval. Firmemente comprometido na defensa e promoción da nosa cultura, o legado intelectual de Filgueira Valverde constitúe, pola súa amplitude e calidade, un dos máis importantes da segunda metade do século XX.
Nesta ligazón pódese consultar a súa páxina como membro de número da Academia, da que formou parte desde 1941.