Conferencia no cárcere de Teixeiro

O presidente da Academia impartiu hoxe unha conferencia na cadea de Teixeiro ao alumnado do centro que cursa estudos de Bacharelato.
Xesús Alonso Montero durante a súa exposición
Xesús Alonso Montero durante a súa disertación


Na súa disertación, Xesús Alonso Montero fixo un resumo da historia da Academia desde a súa fundación ata hoxe, no que salientou aspectos como a importancia da comunidade galega emigrada en América no fornecemento dos recurso materiais precisos para a súa posta en marcha, a relevancia da celebración do Día das Letras como factor de recuperación da cultura galega durante o Franquismo, e outras cuestións referidas á súa organización, funcionamento interno e áreas de traballo.

A seguir, Alonso Montero respondeu as preguntas do alumnado do centro que amosou un grande interese por coñeceren a súa visión sobre a situación da lingua na sociedade galega de hoxe ou o procedemento para a elección da figura protagonista do Día das Letras Galegas.