Comunicado da Real Academia Galega sobre a modificación do seu orzamento por parte do Ministerio de Educación e Cultura

Ante a noticia da iniciativa parlamentaria pola que se modifica o orzamento adxudicado á Real Academia Galega por parte do Ministerio de Cultura, queremos expresar a nosa satisfacción e o noso agradecemento en primeiro lugar a todos os grupos políticos galegos con representación en Madrid porque, máis alá das súas diferenzas, coincidiron en querer defender Galicia dun agravio comparativo. Deste sentimento solidario sentímonos orgullosos polo que significa de dignificación para a nosa cultura.

Queremos facer mención especial para o partido do Goberno e para o presidente, Alberto Núñez Feijoo, sabedores da súa xestión enérxica e eficaz diante dos responsables do Ministerio. O mesmo empeño e amparo que puxo a deputada Ana Belén Vázquez, que levou o peso das negociacións.
A todos, beizón.