Celebrado o primeiro Día da Restauración da Memoria Lingüística

O pasado 23 de outubro celebrouse en Bonaval, Santiago de Compostela, un acto institucional e cívico en reivindicación do uso do galego nos cemiterios e actos fúnebres.
Asistente ao acto asinando a declaración
María Xosé Alfonso Torres asinando a declarción


No acto estiveron presentes, entre outros numerosos representantes do mundo político, cultural e sindical do noso país, Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega; Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística e Xoaquín Monteagudo, presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia.

Coa finalidade de reclamar o uso do galego tamén nos cemiterios e actos fúnebres, os asistentes asinaron unha declaración na que esixiron a remoción dos atrancos que empecen o uso normal do galego nestes ámbitos, a instauración do 23 de outubro como día da Restauración da Memoria Lingüística, así como a vontade expresa de seren soterrados tras unha cerimonia, quer civil, quer relixiosa, oficiada integramente en galego.