O presidente da Academia, Víctor F. Freixanes, intervén na presentación do libro dos Bolechas dedicado a Carloa Casares
A colección "As miñas primeiras Letras Galegas" da popular familia pretende dar a coñecer dun xeito divertido aos cativos e cativas os persoeiros aos que á RAG vén homenaxeando cada 17 de maio desde 1963. O volume dedicado a Carlos Casares é o terceiro desta serie, que arrincou cos protagonizados por Eduardo Podal e Curros Enríquez. Desta volta, Pepe Carreiro realiza unha adaptación para o público infantil dun dos contos de Vento ferido, "A rapaza do circo", que se completa cunha biografía do narrador e un minidicionario con termos da historia.
O novo libriño desta colección, que conta co apoio da Real Academia Galega, foi presentado nun acto no que Víctor F. Freixanes participou xunto ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director comercial de Caixa Rural Galega, José Manuel López Marcos; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a representante da Fundación Carlos Casares, Lara Bacelo; e o editor de Edicións Bolanda, Antonio Couto