Ao abeiro das Letras Galegas 2025, personificadas nas Pandeireteiras de Mens, Rosa e Adolfina Casás Rama e Eva Castiñeira, sucedéronse por todo o país moreas de iniciativas para se sumar á celebración. Homenaxes ás cantareiras de cada parroquia, concertos e foliadas, entre outras propostas, que reforzaron a conexión entre a tradición e a modernidade que lle dá nova vida e proxecta cara ao futuro o cancioneiro popular galego.
A entrega dos XXV Premios Opinión da Música de Raíz terá lugar o vindeiro 6 de maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña a partir das 20:30 horas. A música será a gran protagonista da cita na que a RAG recollerá o galardón ás Letras Galegas 2025. Abrirán o acto Caamaño&Ameixeiras e Rosa Cedrón será a encargada de lle poñer o ramo.



