O académico Xesús Alonso Montero, amigo persoal de María Victoria Moreno, acompañará a autora na presentación do volume publicado por Hércules de Ediciones. Tamén participarán no acto o ilustrador da obra, Antonio Seijas, e a editora, Laura Rodríguez. Miguel Requeixo e Miguel López Pombo encargaranse do acompañamento poético e musical.
Ánxela Gracián achégase a María Victoria Moreno a través de Garimoso, un dos personaxes do primeiro libro que publicou a autora. Fascinado pola nova vida de lobo que non ten obriga de comer carapuchiñas, empeza a ler todos os libros da súa creadora, e tamén os que se escribiron sobre ela. Tras devorar todas estas páxinas, decide mandarlle a María Victoria Moreno doce cartas que rememoran a vida e o legado da escritora que protagonizará o vindeiro 17 de maio.