Aniversario de Bernardino Graña

Bernadirno Graña, á esquerda, nunha imaxe familiar de mocidade

O académico de número Bernardino Graña fixo este martes 89 anos. O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e a académica Fina Casalderrey visitárono na súa residencia en Nigrán e participaron na inauguración da exposición sobre a súa vida e obra no auditorio municipal. O acto de homenaxe concluíu coa proxección do documental sobre a súa figura O home que quixo vivir, dirixido por Xan Leira.

Cadrando co aniversario do autor, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega anunciou o seu nomeamento como presidente de honra "en recoñecemento á súa xenerosa participación activa" como fundador e primeiro presidente desta organización, creada en 1980.

Bernardino Graña co presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a académica Fina Casalderrey