A Real Academia Galega lamenta o pasamento de Ana María Fernández del Riego

 

 

A Real Academia Galega expresa o seu pesar polo pasamento de Ana María Fernández del Riego, irmá do protagonista do Día das Letras Galegas 2023. A relixiosa xesuíta, que estaba a piques de celebrar os 102 anos, participou este ano coas súas lembranzas en diversas iniciativas de divulgación da figura de Francisco Fernández del Riego e publicara recentemente o seu primeiro poemario. 

Ana María Fernández del Riego naceu, coma o seu irmán, en Lourenzá. Foi misioneira e traballou como profesora en países como A China ou Filipinas, e tamén estivo, igual que don Paco, estreitamente vencellada á cidade de Vigo.