A Raia Seca honra os seus valedores

O escritor Celso Emilio Ferreiro e o académico Xesús Alonso Montero recoñecidos Arraiano Universal e Arraiano Maior da Raia Seca pola Asociación Arraianos.
Cartel dos actos de nomeamento como Arraiano Universal a Celso Emilio Ferreiro e Arraiano Maior a Xesús Alonso Montero, por Baldo Ramos
Cartel do artista e poeta Baldo Ramos


Os actos conmemorativos celebraranse o venres 31 de agosto en Celanova, vila natal de Celso Emilio Ferreiro. A xornada comezará ás 10:00 horas na praza Maior, dando lectura ao "manifesto arraiano" e, de seguido, iniciarase unha rota literaria acompañada de música e lectura de poemas.

O nomeamento de Xesús Alonso Montero como Arraiano Maior da Raia Seca do ano 2012 está previsto para as 11:30 horas no cemiterio de San Breixo, a cargo do Arraiano Maior do ano ano anterior, o escritor Bento da Cruz. A continuación, e no marco do centenario do seu nacemento, recoñecerase Arraiano Universal o poeta Celso Emilio Ferreiro Míguez.

Unha ofrenda floral e un recital poético e musical ao pé do busto de Celso Emilio Ferreiro concluirán os actos de homenaxe.