Todas as citas concertadas entre as datas indicadas deberán ser adiadas. Os departamentos implicados están a contactar coas persoas que tiñan prevista a súa visita á Academia nos vindeiros días co propósito de consultar documentos ou fondos bibliográficos e hemerográficos, ou visitar a Casa-Museo, para informalas destas medidas.
A RAG suspende os servizos presenciais ata o 17 de febreiro
A Real Academia Galega, de acordo coas medidas acordadas polas autoridades públicas, suspende a partir deste mércores, 27 de xaneiro, e ata o vindeiro 17 de febreiro a atención presencial aos usuarios do arquivo, da biblioteca e da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. As consultas destes departamentos seguirán a ser atendidas telematicamente.