A RAG súmase á celebración do Día de Rosalía

A Real Academia Galega sumouse á conmemoración do Día de Rosalía, ocasión para lembrar a vixencia da autora fundacional das letras galegas contemporáneas. O presidente Víctor F. Freixanes participou no acto institucional organizado pola Fundación Rosalía Casa de Rosalía no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres cunha intervención na que salientou o vínculo entre os Cantares gallegos de quen foi, en 1963, primeira protagonista do Día das Letras Galegas e as cantareiras, ás que lles dedica o vindeiro 17 de maio.

A secretaria da Academia, Margarita Ledo Andión, representou a institución no celebración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que tivo lugar tamén en San Domingos de Bonaval, na véspera do Día da Rosalía.

Víctor F. Freixanes intervén no acto institucional do Día de Rosalía. Autor: © Xurxo Lobato
As académicas Margarita Ledo e Rosario Álvarez Blanco, no centro da imaxe, xunto á alcaldesa de Santiago, a académica correspondente Goretti Sanmartín, no acto da AELG.