A Real Academia Galega reinicia hoxe a actividade presencial do arquivo e da biblioteca. As persoas que desexen consultar os fondos de calquera destes dous servizos serán atendidas con cita previa en horario reducido, de 9:30 a 14:00 horas.
As citas poderán concertarse a través do teléfono 981 20 73 08 ou do correo electrónico de cada servizo, arquivo@academia.gal e biblioteca@academia.gal.
O protocolo de actuación rexerase polo disposto nos BOE do 3 e 9 de maio de 2020 en que se regulan as condicións de apertura ao público de arquivos e bibliotecas.
A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán continúa pechada por labores de conservación.