A RAG lamenta o pasamento do académico correspondente Xosé Carro Otero

A Real Academia expresa o seu fondo pesar polo pasamento de Xosé Carro Otero, membro correspondente da institución dende o ano 1967. O médico e antropólogo, actual presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, faleceu hoxe en Santiago de Compostela, a cidade onde naceu en 1942. 

Xosé Carro Otero. Fonte: El Correo Gallego

Xosé Carro Otero era catedrático de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e especialista en anatomía, antropoloxía física e historia da Medicina, e tamén profundou na historia da arte, con contribucións relacionadas coa catedral de Santiago, e no terreo da arqueoloxía . Ao longo da súa carreira desenvolveu unha intensa actividade científica e institucional recoñecida con distintos premios e condecoracións.