“As luces primeiras” presenta a infancia e os primeiros anos da mocidade do autor. Seguiranlle outros cinco capítulos que se estrearán cada luns. En conxunto profundan nos distintos momentos da traxectoria de quen foi unha figura central do galeguismo da segunda metade do século XX.
O relato conta coa participación de voces como as de María Xosé Queizán, Xesús Alonso Montero, Malores Villanueva, César Cunqueiro, Manuel Román, Camiño Noia ou Ramón Nicolás, persoas que coñeceron o homenaxeado en distintos momentos da súa vida ou que estudaron a súa vida e o seu legado.
Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu é unha serie da RAG realizada pola produtora Miramemira co apoio económico da Xunta de Galicia e do Ministerio de Ciencia e Innovación. O guión asínao Belén Rivero e a dirección, Damián Varela.