A RAG elixe este mércores a figura protagonista das Letras Galegas 2027

A Real Academia Galega celebra mañá mércores, 8 de xullo de 2026, o pleno ordinario no que os académicos e académicas de número elixirán a figura á que a institución lle dedicará o Día das Letras Galegas 2027. As candidaturas que se formalizaron son dúas: a de Constantino García González (Oviedo, 1927-Santiago de Compostela, 2008) e a de  Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015).
 
A sesión plenaria celebrarase no pazo municipal de María Pita (A Coruña). Ao termo da xuntanza, o presidente da RAG, Henrique Monteagudo, comparecerá en rolda de prensa na para informar da decisión adoptada.

 

Constantino García (centro) e Xosé Neira Vilas ás portas da RAG con Anisia Miranda. Fonte: Arquivo da RAG