A Fundación Penzol inaugura unha exposición biobliográfica sobre Luísa Villalta

A Fundación Penzol inaugurou este mércores unha exposición biobibliográfica sobre Luísa Villalta como homenaxe á escritora protagonista do Día das Letras Galegas 2024. A mostra divulgativa poderá verse no vestíbulo da institución, na Casa Galega da Cultura de Vigo, ata o vindeiro 29 de setembro.

Pola esquerda, Malores Villanueva, Manuel Puga, Susana Villalta, María Gómez, Abel Caballero, Xesús Alonso Montero, Víctor F. Freixanes e Carmela Silva

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, participou na presentación da exposición canda o presidente e a secretaria do padroado da Penzol, Manuel Puga e Malores Villanueva; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; e a irmá da escritora Susana Villalta.

A mostra presenta en catro paneis un sintético percorrido pola vida e a obra de Luísa Villalta e amosa en tres mesas-vitrina corenta publicacións que recollen boa parte da súa obra, pertencentes aos fondos da biblioteca da Fundación Penzol.