O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, participou na presentación da exposición canda o presidente e a secretaria do padroado da Penzol, Manuel Puga e Malores Villanueva; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; e a irmá da escritora Susana Villalta.
A mostra presenta en catro paneis un sintético percorrido pola vida e a obra de Luísa Villalta e amosa en tres mesas-vitrina corenta publicacións que recollen boa parte da súa obra, pertencentes aos fondos da biblioteca da Fundación Penzol.