O pleno do Concello da Coruña acordou por unanimidade nomear postumamente a Andrés Fernández-Albalat fillo predilecto da cidade. O arquitecto, membro da Real Academia Galega, finou o pasado 29 de decembro na localidade que o vira nacer en 1924 e onde se conservan distintos exemplos do seu traballo, que o converteu nun referente imprescindible da súa disciplina na Galicia contemporánea.
Andrés Fernández-Albalat está a ser o protagonista da Semana da Arquitectura da Coruña e dende esta tarde e ata o 8 de novembro poderase visitar na Casa da Cultura Salvador de Madariaga a mostra Andres Fernández Albalat. Arquitecto. Materiais de arquivo. Obra coruñesa (1959-1999), que reúne material orixinal do creador.