
Víctor F. Freixanes, Marilar Aleixandre e Inés Rey na xuntanza mantida no Pazo de María Pita. Fonte: Concello da Coruña
Tras a xuntanza, o presidente da Academia salientou que A Coruña debe ter o protagonismo que merece nesta efeméride. Emilia Pardo Bazán naceu en 1851 na cidade que convertería na súa Marineda literaria. A Coruña é tamén a sede da Real Academia Galega, depositaria histórica do patrimonio bibliográfico e documental da escritora, que foi nomeada presidenta de honra cando a institución se fundou en 1905, lembrou Víctor F. Freixanes. A antiga casa familiar da autora é ademais a sede da Academia, que acolle na primeira planta do inmoble a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.