Contido con Actualidade Novas.

Encontro do presidente da RAG co responsable da Deputación de Lugo

5/06/17 |
Víctor F. Freixanes iniciou esta mañá con Darío Campos Conde, no Pazo de San Marcos, a rolda de xuntanzas cos presidentes provinciais

Unha homenaxe para Filomena Dato Muruais

2/06/17 |
A Asociación Irmáns Suárez Picallo, o Concello de Bergondo e a RAG inician conversas de cara a celebrar unha homenaxe á escritora, nomeada académica correspondente en 1906

A RAG e a AELG coinciden no interese de abordar novas liñas de colaboración

1/06/17 |
O presidente e o secretario da Academia mantiveron unha xuntanza na rúa Tabernas cos seus homólogos da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

O 17 de maio á outra beira do Atlántico

31/05/17 |
Pechamos o percorrido pola festa do Día das Letras Galegas no exterior facendo parada en distintas localidades de Arxentina, Cuba, Brasil ou Estados Unidos

A Galicia exterior tamén celebra as Letras Galegas

30/05/17 |
O presidente da RAG falou sobre Carlos Casares ante a comunidade galega en Xenebra. As homenaxes en Suíza son só un pequeno exemplo das celebracións que se repetiron en distintos países europeos

As páxinas de Carlos Casares soben ao escenario

29/05/17 |
O público infantil é o destinatario da única peza teatral que escribiu o autor das Letras Galegas 2017, 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas', pero este ano deixa outras adaptacións dramatúrxicas dos seus libros. 'A galiña azul' segue cativando a nenos e nenas e o pano subiu para 'Os mortos daquel verán'

“A máis rexa personalidade da nova vida xeracional galega” entra na Academia

24/05/17 |
O 27 de maio de 1978, con só 36 anos, Carlos Casares lía o discurso de ingreso na Academia. A súa candidatura fora proposta en Nadal de 1975 por Piñeiro, Dónega e García Sabell. A institución fai pública unha serie de documentos arredor daquel proceso

Sabino Torres, fillo predilecto de Pontevedra

23/05/17 |
O pleno aprobou a concesión a título póstumo deste recoñecemento na véspera do seu primeiro cabodano. O creador, a finais dos anos 40, da primeira colección de poesía en galego da posguerra era académico correspondente desde 1952

Cenlle nomea cronista oficial a Clodio González

22/05/17 |
A corporación municipal recoñece con esta distinción o labor de divulgación da cultura galega en xeral, e do Ribeiro en particular, desenvolvido polo académico correspondente. O etnógrafo foi homenaxeado onte no seu concello natal

O recordo de Carlos Casares bate con forza en Xinzo de Limia

17/05/17 |
A Real Academia Galega celebrou o Día das Letras Galegas na vila onde medrou o escritor homenaxeado. A literatura que escribiu para o público miúdo, o "arco central" da súa novelística e a poesía dos anos universitarios centraron as alocucións de Fina Casalderrey, Henrique Monteagudo e Xesús Alonso Montero
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar