Contido con Actualidade Novas.

“Pondal dedicoulle toda a súa vida á construción dunha obra ao servizo de Galiza”

15/12/17 |
Manuel Ferreiro escolma 120 poemas do bardo bergantiñán nunha nova antoloxía da Academia. O profesor impartiu unha conferencia sobre o autor no acto organizado polo Instituto José Cornide e a RAG co gallo do centenario do seu pasamento. O 20 de decembro, Tabernas acolle a celebración dos 110 anos do Himno

Margarita Ledo, Premio Otero Pedrayo

13/12/17 |
A académica, xornalista e cineasta é a primeira muller que acada este recoñecemento con corenta anos de historia. A proposta da Deputación de Pontevedra, aprobada por unanimidade, salienta o seu carácter pioneiro no audiovisual galego e o xornalismo comprometido que cultivou

A entrega dos Premios da Cultura lembra a Xohana Torres

13/12/17 |
O recordo da escritora e académica, galardoada a título póstumo, percorreu a gala celebrada este martes na Cidade da Cultura. A súa filla Andrea Ellacuría recolleu a distinción

O Parlamento edita unha escolma dos discursos de Casares como deputado

11/12/17 |
A política lingüística é o eixe das oito intervencións de 1982 a 1985 recollidas no libro presentado hoxe no Hórreo. O académico Henrique Monteagudo fíxose cargo da edición

Convenio de colaboración entre a RAG e a Deputación da Coruña

5/12/17 |
Publicacións, un estudo arredor das competencias e usos lingüísticos na infancia ou os cursos de galego para persoas estranxeiras son algunhas das accións da Academia apoiadas pola entidade provincial a través do acordo asinado hoxe

O Portal das Palabras abre o prazo de presentación de candidaturas á Palabra do Ano 2017

4/12/17 |
O público pode enviar as súas propostas ata as doce da noite do 17 de decembro. As máis populares pasarán á segunda fase, na que se decidirá cal é o termo que mellor identifica o ano a piques de concluír

“Toda Rosalía está nos seus versos publicados. Nese sentido, a destrución das súas cartas por Murguía foi inútil”

2/12/17 |
Marina Mayoral ingresou na RAG como académica de honra cun discurso no que defende que o home da escritora acabou coa súa correspondencia para preservar a imaxe que construíra "dunha Rosalía mártir"

Ourense recorda o papel de Casares nas institucións

1/12/17 |
O Parlamento de Galicia celebrou en Ourense un encontro no que se repasou a traxectoria do escritor como deputado, membro da RAG ou presidente do Consello da Cultura

Vilagarcía recorda 'Cómaros verdes' nos setenta anos da súa publicación

29/11/17 |
O libro de Aquilino Iglesia Alvariño, a primeira obra de relevancia publicada en galego e en Galicia tras a Guerra Civil, imprimiuse nesta vila en 1947. O presidente da RAG participou na apertura da xornada, na que tamén interviñeron os adémicos Xesús Alonso Montero e Henrique Monteagudo

"As columnas de 'Á marxe' son unha novela aberta na que viaxamos pola vida"

24/11/17 |
Víctor F. Freixanes pechou o Simposio Carlos Casares cun relatorio sobre os artigos diarios do escritor. Xosé M. Pereiro e Ramón Loureiro tamén se detiveron nestes textos e Inma López Silva releunos desde a perspectiva de xénero. Álex Alonso analizou a responsablidade do intelectual en 'Deus sentado nun sillón azul'
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar