Presentación de 'Viaxe á illa do Corvo'

O Parlamento de Galicia acolleu onte a presentación da edición en galego e portugués da obra Viaxe á illa do Corvo, Os Azores, 1924, de Raul Brandão, publicada dous anos despois da súa viaxe ao arquipélago dos Azores. Xesús Rábade Paredes encargouse da tradución ao galego e o académico Xesús Alonso Montero asina o estudo introdutorio, no que aborda os vínculos entre Raul Brandão e algúns escritores galegos coetáneos.

Un momento da presentación do libro, na que participaron o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e o académico Xesús Alonso Montero. Fonte: Parlamento de Galicia


O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e Xesús Alonso Montero participaron na presentación do volume no Pazo do Hórreo, no marco dunha visita da presidenta do lexislativo da rexión autónoma dos Azores á Cámara galega, María Luísa Pereira Luís.

Viaxe á illa do Corvo publicouse inicialmente en 1926 como parte dun volume máis amplo titulado As Ilhas Desconhecidas. Notas e Paisagens, no que Raul Brandão narra o seu periplo polo arquipélago luso. Esta obra foi unha contribución esencial no seu momento para o coñecemento dos Azores e hoxe segue a ser unha das imprescindibles da literatura de viaxes portuguesa.

A visita da presidenta da Cámara dos Azores prodúcese tras a presenza na súa rexión, en xullo de 2016, de representantes da RAG, o Parlamento de Galicia e a Xunta de Galicia co gallo da celebración do cuadraxésimo aniversario da autonomía do arquipélago. Daquela a delegación galega presentou a edición facsímile da "ediçao polyglota" de 1894 de "Zara", traducido a 48 linguas, entre elas o galego a través Curros Enríquez.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar