A Fundación Carlos Casares abre este martes en Ourense dúas xornadas sobre o autor

A Fundación Carlos Casares inaugura esta tarde no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense as Xornadas Carlos Casares cunha mesa redonda e unha conferencia centradas na relación do protagonista do Día das Letras Galegas 2017 coa súa localidade natal. O programa, que conta coa colaboración da Real Academia Galega, continuará o xoves 9 de novembro na Casa Galega da Cultura de Vigo, cidade desde a que dirixiu Galaxia, coa mirada centrada no seu labor como editor. O presidente da Fundación Carlos Casares e irmán do escritor, Xavier Casares, e o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, inaugurarán ambas as xornadas, que se desenvolverán a partir das 17 horas.

Tras a inauguración, a xornada Casares en Ourense, Ourense en Casares continuará este martes cunha mesa redonda moderada por Afonso Vázquez Monxardín. A xornalista Maribel Outeiriño participará cunha intervención titulada "Un verán con Carlos"; o escritor Luís González Tosar falará do escritor, a súa dona e os amigos de Ourense e o investigador Xosé Manuel Salgado achegará o relatorio "Un escenario con algunhas sombras". A partir das 18:30 horas será a quenda do tamén escritor ourensán Bieito Iglesias, que impartirá a conferencia "Casares e o pensamento solar".

Programa de Vigo
O xoves 9 de novembro a Casa Galega da Cultura de Vigo será o momento de profundar en distintos perfís do Casares editor e algún aspecto máis da súa mocidade. A xornalista María Xosé Porteiro moderará a mesa redonda na que intervirán o director xeral de Xerais, Manuel Bragado, o responsable de produción da Editorial Galaxia, Xosé Soutullo, e o escritor e tradutor Francisco Xavier Senín. Manuel Bragado falará de Carlos Casares e a Biblioteca 120, Xosé Manuel Soutullo, da etapa do autor como responsable de Galaxia e Francisco Xavier Senín, de Casares como editor preocupado por atender a mocidade. A tarde rematará cunha conferencia do académico Xesús Alonso Montero sobre o pensamento político de Carlos Casares na súa mocidade baixo o título "A etapa marxistizante e guevarista de Carlos Casares (1965-1969)".

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 21 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Mércores 22 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Xoves 23 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Sábado 2 de decembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Marina Mayoral como académica de honra da RAG

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar