'A Cantiga 103', de Afonso X o Sabio

La Cantiga CIII. Noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval, no estudo desta composición das Cantigas de Santa María.
Partitura da Cantiga 103.
Partitura da "Cantiga 103".


A versión que reproducimos máis abaixo está tirada do libro Afonso X e Galicia, e unha escolma de Cantigas, publicado en 1980 pola Real Academia Galega, con edición a cargo do propio Xosé Filgueira Valverde, quen, logo de declarar no seu extenso limiar introdutorio que "a de Afonso X é a obra cumial no decorrer das letras galegas. Non, certamente, primitiva, nin dun incerto abrente, senón da maturidade dunha escola poética", no estudo preliminar á cantiga 103, titulado "O monxe e a paxariña", sinala o seguinte:

Nesta "cantiga" acóllese unha narración que fai parte do acervo universal dos relatos exemplares. Mostra o contraste antre o tempo e a eternidade, perante unha analoxía musical; os séculos pasan como un instante: un monxe pasa trescentos anos escoitando o cantar dunha paxariña no ceo.

En Galicia localízase no mosteiro pontevedrés de Armenteira; o protagonista é o Abade Ero; no mesmo lugar sitúase a cantiga 22. Cóntase tamén de Leyre e Vilar de Frades. Unha das máis antergas fixacións é a de Affligen, no Brabante

103
Esta é como Santa María fez estar ao monge trezentos anos aco canto da passarya, porque lli pedía que lli mostrasse quál era o ben que avían os que eran en Paraíso.

5 Quena Virgen ben servirá / a Parayso irá.
E daquest´un gran mragre / vos quer´eu ora contar,
que fezo Santa María / por un monge, que rogar-
ll´ía sempre que lle mostrasse / quál ben en Paraíso á,
Quena Virgen ben servirá…

10 E que o viss´ en ssa vida / ante que fosse morrer.
E porend´a Groriosa / vedes qué lle foi fazer:
fez-lo entrar en hûa orta / en que muitas vezes ja
Quena Virgen ben servirá…

Entrara; mais aquel día / fez que hûa font´achóu
15 mui crara e mui fremosa / e cab´ela s´assentóu.
E pois lavóu mui ben sas mâos / diss´: "Ai, Virgen, qué será
Quena Virgen ben servirá…

Se veréi do Parayso, / o que ch´eu muito pedí,
algún pouco de seu viço / ante que sya daquí,
20 e que sabia do que ben obra / qué galardón averá?
Quena Virgen ben servirá…

Tant toste que acabada / ouv´o mong´a oraçón,
oyu hûa passarinna / cantar log´en tan bon son,
que sse escaecéu seendo / e catando sempr´ alá.
25 Quena Virgen ben servirá

Atán gran sabor avía / daquel cant´e daquel lais,
que grandes trezentos anos / estevo assí ou máys,
cuidando que non estevera / senon pouco, com´está
Quena Virgen ben servirá…

30 Mong´algûa vez no ano, / quando sal ao vergéu.
Des í foi-ss´ a passarinna / que foi a él mui greu,
e diz: "Eu daquí ir-me quero / ca oy máis comer querrá
Quena Virgen ben servirá…

O convento´." E foi-sse logo / e achóu un gran portal
35 que nunca vira, e disse: / "Ai, Santa María, val!
Non é est´o meu môesteiro, / pois de mi qué se fará?"
Quena Virgen ben servirá…

Des í entróu na eigreja / e ouverom gran pavor
os monges quando o viron / e demandóu-ll´o prior,
40 dizend´: "Amigo, vós quén sodes / ou qué buscades acá?"
Quena Virgen ben servirá…

Diss´él "Busco meu abade, / que agor´aquí leixéy,
e o prior e os frades, / de que mi agora quitéy
quando fui a aquela orta; / ú seen quén mío dirá?"
45 Quena Virgen ben servirá…

Quand´est´oyu o abade, / téve-o por de mal sen,
e outrossí o convento; / mais des que souberon ben
de cómo fora este feyto, / disseron: "Quen oyrá
Quena Virgen ben servirá…

50 Nunca tan gran maravilla / como Deus por este fez
polo rogo de ssa Madre, / Virgen Santa de gran prez!
E por aquesto a loemos; / mais quéna non loará
Quena Virgen ben servirá…

Máis d´outra cousa que seja? / Ca, par Deus, gran dereit´é
55 pois quanto nós lle pedimos / nos dá seu Fill´ a la ffe,
por ela, e aquí nos mostra / o que nos depóis dará"
Quena Virgen ben servirá…

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar