Lorenzo Varela encarna a figura do intelectual comprometido e militante.

1 de 4
A poesía de Lorenzo Varela está marcada decisivamente pola experiencia da Guerra Civil.

2 de 4
O poeta de Monterroso pasou boa parte da súa vida no exilio.

3 de 4
Fragmento dun poema a Manuel Ponte, guerrilleiro antifranquista. Biblioteca RAG.

4 de 4

Manuel Lorenzo Varela

Biografía


Jesús Manuel Lorenzo Varela, fillo de Perpetua Vázquez Ojea e de José Ramón Varela García, naceu, segundo consta no documento notarial, ás 12 da mañá do 10 de agosto de 1916 na rúa Ángeles número 65 da Habana.

Segundo a maior parte dos seus biógrafos, o nacemento produciuse a bordo do vapor La Navarre, a poucas millas do porto da Habana, no que viaxaban seus pais, emigrantes galegos orixinarios de Monterroso. Neste mesmo ano, a familia, fuxindo da grave crise da economía cubana, regresou a Monterroso e probablemente instalouse en Fufín ata que, pouco tempo despois, decidise retomar o camiño da emigración, desta volta cara a Bos Aires.

En 1920, xa na Arxentina, cursou os seus primeiros estudos no barrio de Nova Pompeia da cidade bonaerense. Dez anos máis tarde, Lorenzo Varela volveu de Bos Aires e instalouse con súa nai en Lugo, no barrio do Recátelo. No mes de agosto de 1931, presentou a solicitude para ser admitido nas probas de ingreso no Instituto Nacional de Segunda Enseñanza de Lugo, que aprobou no mes de setembro. En pouco máis de dous anos aprobou as vinte e cinco materias que integraban os seis cursos de bacharelato e, só dous anos máis tarde, participou na fundación das Mocedades Galeguistas de Lugo, nas que pasa a ocupar un posto directivo.

Rematou os seus estudos de Bacharelato en Lugo, no 1934, e, cara a finais dese ano, desprazouse a Madrid para comezar a súa etapa como estudante universitario.

En 1935, xa instalado en Madrid, comezou a se integrar nos ambientes literarios e culturais madrileños. Participou no faladoiro que Dieste presidía no café Granja El Henar onde coñece a Antonio Sánchez Barbudo, Carlos Gurméndez, Serrano Plaja, Miguel Prieto, Carlos Maside, Manuel Colmeiro, Neruda, Valle Inclán ou García Lorca. Neste tempo, ingresous nas Misións Pedagóxicas e escribiu os seus primeiros artigos na revista P.A.N, dirixida por Xosé Otero Espasandín. Trátase de dúas recensións: "Cantiga nova que se chama Riveira. Álvaro Cunqueiro", publicada en maio de 1935, e "Nacimiento del obrerismo español" sobre o libro Fábulas errabundas, de Tomas Meabe. No ano 1936 inicou a súa colaboración con El Sol, a sección "Los libros", que acolleu varias críticas literarias e algún ensaio da súa autoría. Lorenzo Varela comezou a súa defensa da legalidade republicana e da liberdade do pobo; posicións políticas que poría tamén de manifesto en artigos en El mono azul, Hora de España ou Ahora.

En 1937 celebrouse o II Congreso Internacional de Escritores para la Defensa de la Cultura, que se desenvolveu entre Madrid, Valencia e Barcelona do 4 ao 10 de xullo. Lorenzo Varela e un grupo de intelectuais, entre os que se encontraban Antonio Sánchez Barbudo, Ángel Gaos, Miguel Hernández, Ramón Gaya ou Miguel Prieto, presentaron un relatorio colectivo.

Lorenzo Varela non só non abandona a súa implicación política nestes anos senón que en 1938 foi nomeado oficialmente comisario delegado de Brigada no mes de decembro, aínda que xa viña exercendo como tal. A primeiros do mes de febreiro de 1939, Lorenzo Varela, xunto con boa parte dos colaboradores e redactores da revista Hora de España, foi internado no campo de concentración de Saint-Cyprien. Un mes despois foi liberado grazas á intercesión dun grupo de escritores e intelectuais franceses entre os que se encontraban Richard Bloch e Louis Aragón. No mes de maio saiu do porto francés de Sète con destino a México, a bordo do Sinaia. O 13 de xuño chegou a Veracruz, onde se instalou e comezou a colaborar coas revistas Romance e Taller, dirixida por Octavio Paz. Así, en 1940 apareceu o primeiro número de Romance. Revista Popular Hispanoamericana, da que Lorenzo Varela foi cofundador, cunha periocidade quincenal ata o 15 e setembro dese mesmo ano, en que cesa a súa primeira andaina. Nesta época, o noso biografado publicou en México, con ilustracións de Miguel Pietro, Elegías españolas, que contaba con tres partes: "Elogio del llanto", "Tribunal del Virgo" e "Desagravio del vino tinto".

En 1941, as desavinzas e polémicas entre os intelectuais exiliados fixeron que Lorenzo Varela abandonase México e se encamiñase cara a Bos Aires, onde residía seu pai. Xa na cidade bonaerense, integrouse de inmediato no grupo de escritores e artistas exiliados que se reunían no café Tortoni, entre eles figuraban Luís Seoane, Rafael Dieste, Carmen Muñoz, Antonio Baltar, Colmeiro, Otero Espasandín ou Núñez Búa. No ano 1942 publicou, na Editorial Nova, dentro da colección Pomba que dirixía Arturo Cuadrado, o libro de poemas Torres de amor, con tapa e ilustracións de Luís Seoane e prólogo de Rafael Dieste. Este libro de poemas recolle gran parte da súa poesía publicada en anos anteriores. Tamén en 1942 apareceu como director das coleccións Serie Romántica e Serie Siglo XIX, da Editorial Nova, e, asemade, fundou, con Serrano Plaja, a revista mensual De mar a mar, da que só viron a luz sete números. Octavio Paz, Eduardo Mallea, Norah Borges, Henríquez Ureña, Rafael Alberti, Francisco Ayala, Ramón Gaya, Rafael Dieste, Colmeiro ou Antonio Baltar foron colaboradores desta aventura editorial.

En 1943 viu a luz Charles Baudelaire, na editorial Poseidón, unha escolma de textos recollida por Lorenzo Varela, así como tamén a súa tradución e o prólogo "Actualidad de la obra crítica de Baudelaire". Nese mesmo ano particpou, con Luís Seoane e Arturo Cuadrado, na fundación, dirección e redaccion da revista Correo literario, unha das empresas editoriais máis prestixiosa do exilio. Nesta revista asinou algúns dos seus artigos co pseudónimo de Felipe Arcos Ruíz. Asemade, colaborou coa revista Sur, de Vitoria Ocampo. Publicou, no ano 1944, na Colección Oro da Editorial Atlántida, El Renacimiento e, en Ediciones Resol, Catro poemas para catro grabados, destinado ao álbum de Luís Seoane María Pita e tres retratos medioevales. No ao 1946, Lorenzo Varela e Luís Seoane iniciaron un novo proxecto editorial, a revista Cabalgata, que viu a luz no mes de xuño, auspiciada polo editor e amigo catalán Joan Merli. Xa no ano 1947 comezou a relación coa escritora Estela Canto e trasladouse a vivir a Montevideo. Nese mesmo ano, rematou a guerra en Europa e os exiliados empezaron a ver a derrota como definitiva. Lorenzo Varela conseguiu un contrato nunha universidade estadounidense, malia ter que renunciar por non serlle concedido o visado de entrada no país debido á súa militancia comunista.

Os seguintes anos foron moi prolíficos na vida do autor: en 1948 apareceu Seoane, na editorial Botella al Mar, unha poética monografía dedicada ao seu amigo. Tres anos despois, publicouse a segunda edición de El Renacimiento, na Colección Oro da editorial Atlántida, que dirixían Rafael Dieste e Carmen Muñoz. Este mesmo 1951, Julián Bautista editou, na Editorial Argentina de Música, Catro poemas galegos, pezas para un conxunto reducido de instrumentos, que se estreara con éxito en xuño de 1948 no XXII Festival Internacional de Música da S.I.M.C. en Amsterdam. Abandonou Montevideo en 1952, tras a ruptura con Estela Canto, e regresou a Bos Aires. Dous anos despois, coñeceu a Marika Gerstein, anticuaria de orixe xudea coa que iniciou unha relación que durou ata a morte do poeta. Tamén en 1954, apareceu Lonxe, en Botella al Mar, cun prólogo de Arturo Cuadrado e ilustrado con dez xilografías de Luís Seoane. No ano seguinte, pasou a formar parte do cadro de persoal do xornal La Razón, en Bos Aires, onde publicou diariamente unha colaboración na sección de arte. Cinco anos despois, Lorenzo Varela e Marika Gerstein casaron, viaxaron a España cunha licencia de seis meses que lle fora concedida por La Razón para visitar o Museo do Prado, no entanto non chegou a estar tanto tempo lonxe de sudamérica. En 1963 publicou Homenaje a Picasso, un poema extenso que apareceu acompañando un cartafol de gravados de Romberg, con motivo do oitenta aniversario do artista. A editorial Qualiton publicou, en 1965, Federico García Lorca: canciones y poemas. A selección de poemas e a declamación, recollida en dous discos, pertencen a de Lorenzo Varela; os debuxos, a Federico García Lorca; os gravados en madeira, a Luís Seoane e as cancións, a Clara Esteves (soprano) e a Roberto Lara (guitarra).

Xa a mediados de marzo de 1976 regresou á península ibérica, vivindo durante un tempo entre Madrid e Galicia. A finais do mesmo ano chegou da Arxentina Marika Gerstein para trasladarse en Madrid, onde se instala tamén Lorenzo Varela. O 25 de novembro de 1978 Manuel Lorenzo Varela faleceu en Madrid, contando sesenta anos. O 26 de xaneiro de 1981, os seus restos foron exhumados do cemiterio da Almudena, de Madrid, para seren soterrados un día despois no cemiterio monterrosino de San Martiño de Fufín.

Fausto Galdo sobre Lorenzo Varela.

Obra


Poesía

- Elegías españolas: Elogio del Llanto. Tribunal del Virgo (Primera elegía mudalar) Desagravio del vino tinto, "Guerra literaria", México, 1940. [Debuxos de Miguel Prieto].
- Torres de amor, Colección Pomba, editorial Nova, Buenos Aires, 1942. [Con prólogo de Rafael Dieste e ilustracións de Luís Seoane].
- Catro poemas para catro grabados, para o álbum de Luís SeoaneMaría Pita e tres retratos medioevales, edic. Resol, Buenos Aires, 1944. [Reeditado en Buenos Aires en 1951 pola Editorial Argentina de Música. Edición facsímile, Ediciós do Castro, 2004].
- Lonxe, Ed. Botella al Mar, Buenos Aires, 1954. [Limiar de Arturo Cuadrado, dez gravados en madeira de Luís Seoane].
- Homenaje a Picasso. Buenos Aires, 1963.
- Poesía: Torres de Amor, Catro poemas pra catro grabados, Lonxe Homenaje a Picasso, Ediciós do Castro, A Coruña, 1979. [Con limiar de Rafael Dieste e ilustracións de Luís Seoane].
- Homaxes, en edición Cuco-Rei de Luís Seoane, Ediciós do Castro, Sada, 1979.
- Dez poemas, Ediciós do Castro, Sada, 1988. [Edición, estudo e notas de Xesús Alonso Montero].
- Poesía galega, Xerais, Vigo, 1990. [Edición de X. Carlos López Bernárdez].

Literatura e arte

- El Renacimiento. Bos Aires: Atlántida, 1945.
- Murillo. Bos Aires: Poseidón, 1946.
- Seoane. Bos Aires: Botella al Mar, 1948.
- Seoane o el arte sometido a la libertad. Bos Aires: Esquema XX, 1966.

Poemas en revistas

"Las Vacas de Ávila", El Mono Azul, 1, 27-8-1936, 4.
"La falsa promesa", El Mono Azul, 4, 17-9-1936, 4.
"Fernando de Rosa", El Mono Azul, 6, 1-9-1936, 4.
"Romance de Lina Odena", El Mono Azul, 8, 15-10-1936, 4.
"Tengo de cantar cantar", El Mono Azul, 15, 11-2-1937, 4.
"La flor de mayo", El Mono Azul, 16, 1-5-1937, 3.
"Primero de mayo", Ahora, 1-5-1937.
"Aquel", En Guardia (Boletín da 34 Brigada, 3ª División).
"Romance de Zurbano Ramos", El Mono Azul, 26, 29-8-1937, 1.
"Campo de Aragón", El Mono Azul, 42, 2-12-1937, 1.
"Palabras en el fuego", Hora de España, VII, xullo de 1937, 55-58.
"A un joven héroe", Hora de España, VII, xullo de 1937.
"Copla sencilla", Homenaje al poeta García Lorca contra su muerte (1937).
"Duelo en tres cantos por la muerte de Miguel Hernández", De Mar a Mar, 2, xaneiro de 1943. Incluído en Homaxes.
"Ofrenda a los franceses", Correo Literario, 22, 1-10-1944, posteriormente incluído en Homaxes.
"Atenas", Correo Literario, 28, 1-1-1945. Incluído en Homaxes.
"Mujer del éxodo (España 1936-1939)", Correo Literario, 34-35, 1-5-1945. Incluído en Homaxes.
"Canciones a la victoria", Correo Literario, 36, 15-5-1945. Incluído en Homaxes.
"A una lejana amiga que me envía una carta en blanco", Correo Literario, 38, 1-7-1945. Incluído en Homaxes.
"A Dolores Ibarruri, en Francia", Correo Literario, 39, 1-8-1945. Incluído en Homaxes.
"A don Juan Martín el Empecinado", Correo Literario, 40, 1-9-1945. Incluído en Homaxes.
"Milonga consejera", prólogo poético ao libro de Alberto Girri, Playa Sola, Editorial Nova, 1946. Incluído en Homaxes.
"Murga de coplas", prólogo poético ao libro de Alberto Girri, Playa Sola, Editorial Nova, 1946. Incluído en Homaxes.
"Versos de ciego para un pintor sonoro", no catálogo dunha exposición do artista arxentino Carybé, en 1949. Incluído en Homaxes.
"Alonso: Breve canto, en tres partes, a su material preferido y a su escultura", no catálogo do pintor José Alonso, 1950. Incluído en Homaxes.
"A Luís Seoane. A su pintura", no catálogo dunha exposición do artista en Montevideo. Incluído en Homaxes.
"Luís Seoane", no catálogo dunha exposición do artista en Buenos Aires, 1952. Incluído en Homaxes.
"Tapas de Luís Seoane", para a obra de Luís Seoane Libro de Tapas, publicado en Botella al Mar, Buenos Aires, 1953. Incluído en Homaxes.
"Para unas fotografías de Horacio Coppola sobre la obra de O aleijadinho", escrito para a edición dunhas fotografías de Horacio Cóppola sobre a obra do escultor brasileiro, O aleijadinho, Buenos Aires, 1955. Incluído en Homaxes.
"A Carmen Dieste que fue una vez farol en Amsterdam", Gaceta de Tucumán, 1960. Incluído en Homaxes.
"Ante unos desnudos de Luis Centurión", Catálogo del Museo de Arte Moderno de Buenos Aires, 1960.
"Emigrantes", Galicia Hoy, Ruedo Ibérico, Buenos Aires, 1966. Incluído en Homaxes.
"Castelao", para o libro Castelao na voz dos poetas, Ediciós do Castro, 1969.
"Castelao", editado por Ferreiro Fente, "Castelao, un poema inédito de Lorenzo Varela", Boletín Galego de Literatura, 1995, 83-84.
"Cantiga nova que se chama cadea", Cuco-Rei, Buenos Aires, 1970. Incluído en Homaxes.
"Homaxe cativo a Valentín Paz-Andrade", no libro Cen chaves de sombra, Ediciós do Castro, 1978. Incluído en Homaxes.
"O Cristo da liberdade", en Galicia Hoy y el resto del mundo, Ediciós do Castro, 1987, 87-88.
"O Limâo de Guimarey", publicado en Lorenzo Varela: Poesía Completa, ed. Xosé Luís Axeitos, Ediciós do Castro, Biblioteca do Exilio, 2000, vol. 1.
"O limâo", publicado en Lorenzo Varela: Poesía Completa, ed. Xosé Luís Axeitos, Ediciós do Castro, Biblioteca do Exilio, 2000, vol. 1.
"Debaixo do limoeiro", publicado en Lorenzo Varela: Poesía Completa, ed. Xosé Luís Axeitos, Ediciós do Castro, Biblioteca do Exilio, 2000, vol. 1.
"Y le llamáis amor...", publicado en Lorenzo Varela: Poesía Completa, ed. Xosé Luís Axeitos, Ediciós do Castro, Biblioteca do Exilio, 2000, vol. 1.
"Primero de enero de 1954", publicado en Lorenzo Varela: Poesía Completa, ed. Xosé Luís Axeitos, Ediciós do Castro, Biblioteca do Exilio, 2000, vol. 1.
"Soneto", publicado en Lorenzo Varela: Poesía Completa, ed. Xosé Luís Axeitos, Ediciós do Castro, Biblioteca do Exilio, 2000, vol. 1.

Artigos e recensións sobre literatura e cine

"Cantiga nova que se chama Riveira. Álvaro Cunqueiro. Resol (Santiago), 1933", P.A.N. Revista epistolar y de ensayos, 5, 1935, 107-108.
"Donde habite el olvido (Poesía). Luís Cernuda.-Edit. Signo. Madrid, 1935", P.A.N. Revista epistolar y de ensayos, 6, 1935, 135.
"Nacimiento del obrerismo español", P.A.N. Revista epistolar y de ensayos, 6, 1935, 135-136 [Sobre a obra de Tomás MeabeFábulas errabundas, Leviatán, 1935].
"Rómulo Gallegos: Canaima", El Sol, 5-1-1936.
"Malraux, André: Le temps du mépris", El Sol, 5-2-1936.
"Convocatoria para la alegría. En torno a Les nouvelles nourritures, de André Gide", El Sol, 7-3-1936.
"En el aire sonoro de Rafael Alberti. Desde Verte y no verte", El Sol, 28-4-1936.
"De la prosa familiar al verso", El Sol, 9-5-1936 [Sobre Moreno Villa].
"Calma imposible. Sobre El jóven marino, de Luís Cernuda", El Sol, 29-5-1936.
"La serenidad que tiembla. En torno a San Juan de la Cruz", El Sol, 2-6-1936.
"Noviembre en la esperanza", Taller. Poesía y Crítica, 7, decembro de 1939, 41-43.
"La realidad y el deseo", Romance, 2, 15-2-1940.
"Notas. La flauta y el pito; el tambor y el salmo; y la poesía", Taller. Poesía y Crítica, 10, abril-marzo de 1940. [Sobre Rafael Alberti].
"Noticia de los Capítulos de literatura española", Romance, 3, 1-3-1940. [Sobre o libro do mesmo título, de Alfonso Reyes].
"Versos crudos y poesía ácida", Romance, 5, 1-4-1940. [SobrePoesías escogidas, de Juan José Domechina].
"Pasión y gracia de Rafael Alberti", Romance, 6, 15-4-1940. [Sobre Poesías completas, de Rafael Alberti].
"Una novela elemental", Romance, 7, 1-5-1940. [Sobre Tilín García, de Carlos Enríquez].
"El Victorial. Novela caballeresca castellana", Romance, 8, 15-5-1940.
"Una literatura de la derrota", Romance, 9, 1-6-1940. [Sobre a novela de Herrera Petere, Niebla de cuernos].
"Aldeia das aguias", Romance, 10, 15-6-1940. [Sobre a obra do mesmo título de Guedes de Amorín].
"Plenitud de España", Romance, 13, 1-8-1940. [Sobre a obra do mesmo título de Henríquez Ureña].
"Eh, los toros!", De Mar a Mar, 1, decembro, 1942. [Sobre a obra do mesmo título, de Rafael Alberti, publicada en Buenos Aires en 1952].
"Goya", De Mar a Mar, 1, decembro, 1942. [De Ramón Gómez de la Serna].
"Estafa de cielo", De Mar a Mar, 1, decembro, 1942. [Sobre o libro do mesmo título, de Franz Werfel].
"La Bella Otero", Correo Literario, 2, 1-12-1943. [Asinado co pseudónimo Felipe Arcos Ruíz].
"Charles Chaplin: una época del hombre eterno", Correo Literario, 3, 15-12-1943. [Asinado co pseudónimo Felipe Arcos Ruiz].
"Tratado del paisaje", De Mar a Mar, 4, marzo, 1943. [Sobre a obra do mesmo título, de André Lhote].
"Enumeración de la patria", De Mar a Mar, 4, marzo, 1943. [Sobre o libro do mesmo título, de Silvina Ocampo, publicado en Buenos Aires en 1942].
"Juan Ramón Jiménez: Españoles de tres mundos. Losada. Buenos Aires, 1942", Sur, 105, 1943.
"Grabados a punta seca de Manuel Colmeiro", Sur, 106, 1943.
"Sobre las Historias e invenciones de Félix Muriel", Correo Literario, 1, 15-11-1943.
"Fidelidad del sueño. Por Juan Rejano. Ediciones Diálogo. México. 1943.", Correo Literario, 1, 15-11-1943.
"Gaspar de la noche. Fantasías a la manera de Rembrandt y de Callot, por Aloysius Beltrán. Ed. Nova. Serie Siglo XIX. Buenos Aires", Correo Literario, 1, 15-11-1943.
"Poesía. A la Orilla del Mundo", Correo Literario, 2, 1-12-1943. [Sobre o libro do mesmo título de Octavio Paz, publicado en México en 1943].
"La voz innominada, por María Hortensia Lacau. Sonetos. Edición de la Aurora. Buenos Aires, 1943", Correo Literario, 2, 1-12-1943.
"La Antártida. Como mito y como realidad. Por J. Otero Espasandín. Editorial Pleamar, Biblioteca conocimiento, 152 págs., dos mapas y doce láminas. Buenos Aires", Correo Literario, 2, 1-12-1943. [Asinado coas iniciais do pseudónimo F. A. R.]
"Poesías, por Fray Luis de León. Selección y prólogo de R. A. ? Federico García Lorca: `Antología poética´, seleccionada por R. A. y G. de Torre. Colección Mirto, dirigida por Rafael Alberti. Editorial Pleamar. Buenos Aires, 1943", Correo Literario, 2, 1-12-1943.
"Dos libros de versos", Correo Literario, 3, 15-12-1943. [Sobre os libros: Solo en el tiempo, de González Carbalho publicado en Ed. Losada, Buenos Aires, 1943; Transitable cristal, de Eduardo González Lanuza, ed. Sur, Buenos Aires, 1943].
"Conquista del Río de la Plata, por Blanco Villalta. Ed. Claridad. Buenos Aires, 1943", Correo Literario, 3, 15-12-1943.
"Algodón de a dolar, por John Faulkner. Ed. Poseidón. Bs. As. 1943", Correo Literario, 3, 15-12-1943. [Asinado co pseudónimo Felipe Arcos Ruiz].
"El clarividente, por Lion Feuchtwanger. Ed. Abril. Bs. As. 1943", Correo Literario, 3, 15-12-1943.
"Las ratas, por José Bianco. Ed. Sur. Buenos Aires", Correo Literario, 4, 1-1-1944.
"Antología apócrifa, por Conrado Nalé Roxlo. Librería Hachette. Buenos Aires, 1943", Correo Literario, 4, 1-1-1944.
"Carne y fantasía", Correo Literario, 11, 15-4-1944. [Sobre a película deste título].
"El Luto Humano", Correo Literario, 6, 1-2-1944. [Sobre a obra do mesmo título de José Revueltas, Ed. México, México, 1943].
"Soledad - (1937-1942), por Eugenio Julio Iglesias. Editorial Losada, S.A. Buenos Aires, 1943", Correo Literario, 6, 1-2-1944.
"La herida puntual, por Pedro Larralde. Cuadernos de Fontefrida. Buenos Aires, 1943", Correo Literario, 6, 1-2-1944.
"La señorita Julia", Correo Literario, 26, 1-12-1944. [Sobre a peza de Strimberg, do mesmo título].
"El eterno tu, por Werner Bock. Ed. Americalee. Buenos Aires, 1943", Correo Literario, 6, 1-2-1944.
"Aguas abajo", Correo Literario, 7, 15-2-1944. [Sobre o libro do mesmo título de Marta Brunet, publicado por Cruz del Sur, Santiago de Chile, 1943].
"¿Por qué es aburrida la literatura?", Correo Literario, 9, 15-3-1944.
"¿Que hacer con los alemanes?, por Emil Ludwig.Ed. Pleamar. _ Bs. Aires, 1944", Correo Literario, 9, 15-3-1944.
"Figura, Amor y Muerte de Amado Nervo. Por Bernardo Ortiz de Montellano. Ediciones Xochitl. México, 1943", Correo Literario, 9, 15-3-1944.
"El deporte griego", Correo Literario, 10, 1-4-1944. [Sobre a obra do mesmo título de Otero Espasandín, ed. Pleamar, Buenos Aires, 1944].
"Lecturas", Correo Literario, 13, 15-4-1944. [Crítica de: La confesión: género y método, de María Zambrano, editado en Cuadenos de Filosofía, Luminar, México, 1943; Filosofía de la persona y otros ensayos, de Francisco Romero, editado por Ed. Losada S.A., Buenos Aires, 1944; Jacobusland, de Emilio Pita, ed. do autor, Buenos Aires, 1942; Poemas sagrados y profanos de Yehuda Halevi, tradución, prólogo e notas de Máximo Khan e Juan Gil Albert. Editado pola editorial Mensaje, México, 1943].
"Histrionismo y representación. Francisco Ayala. Ed. Sudamericana. Buenos Aires, 1944", Correo Literario, 14, 1-6-1944.
"El alejado", Correo Literario, 14, 1-6-1944. [Sobre a obra de E. Molinari].
"Libro de El Escorial.- Por Arturo Serrano Plaja. Ed. Poseidón. Buenos Aires. 1944", Correo Literario, 15, 15-6-1944.
"Razón del mundo, por Francisco Ayala. Editorial Losada. Buenos Aires, 1944.", Correo Literario, 18, 1-8-1944.
"Atlántida-Europa. Atlántida-América, por Dimitry Merejkovsky. Colección E. Labrador. Editorial Nova. Buenos Aires", Correo Literario, 23, 15-10-1944.
"La ventana entreabierta. Por González Carbalho. Ed. El Ateneo, Buenos Aires, 1944", Correo Literario, 24, 1-11-1944.
"Rimas, por Gustavo Adolfo Bécquer, Colección Mirto, Editorial Pleamar, Buenos Aires, 1944", Correo Literario, 27, 15-12-1944.
"Año de noches, Máximo José Khan. Editorial Imán. Buenos Aires, 1944", Correo Literario, 27, 15-12-1944.
"Homenaje a la Torre de Hércules de Luís Seoane", Sur, 118, 1944.
"Sahara", Correo Literario, 8, 1-3-1944. [Sobre a película deste título].
"Una viuda difícil", Correo Literario, 10, 1-4-1944.[Sobre a peza do mesmo título, de Conrado Nalé Roxlo].
"Versos de guerra y paz", Correo Literario, 39, 1-8-1945. [Sobre a obra do mesmo título de Arturo Serrano Plaja, publicada en Buenos Aires na Editorial Nova].
"Uno y el universo", Cabalgata, 0, 1-6-1946. [Sobre o libro do mesmo título, de Ernesto Sábato].
"Viaje, Duelo y Perdición", Cabalgata, 0, 1-6-1946. [Sobre a obra do mesmo título, de Rafael Dieste].
"Una pregunta sobre España", Cabalgata, 0, 1-6-1946. [Sobre o libro do mesmo título, de Sánchez Barbudo].

Artigos e recensións sobre arte

"Exposición hispano-mexicana", Romance, 14, 15-8-1940.
"Algo sobre Ramón Pontones que se nos va a México", De Mar a Mar, 2, xaneiro, 1943.
"Exposición de Norah Borges", Correo Literario, 5, 15-1-1944.
"Estampa de México hacia mediados del siglo pasado", Correo Literario, 7, 15-2-1944. [Asinado co pseudónimo Felipe Arcos Ruíz].
"Grabados en las obras de Víctor Hugo", Correo Literario, 8, 1-3-1944. [Asinado co pseudónimo Felipe Arcos Ruíz].
"Grabados del siglo pasado sobre indios del Norte", Correo Literario, 9, 15-3-1944. [Asinado co pseudónimo Felipe Arcos Ruíz].
"Las flores del Mal, Ilustrado por Arturo Souto", Correo Literario, 9, 15-3-1944.
"El misterio del espacio en esculturas de nuestro tiempo", Art.Gallery, Buenos Aires, 1963. [De Noemí Gerstein].
"Clement Moreau", Correo Literario, 15, 15-5-1944. [Asinado co pseudónimo Felipe Arcos Ruíz].
"Un gran pintor del siglo XV: Memlimg", Correo Literario, 15, 15-7-1944. [Asinado co pseudónimo Felipe Arcos Ruíz].
"Exposición Castagnino", Correo Literario, 17, 15-7-1944. [Asinado co pseudónimo Felipe Arcos Ruíz].
"Una vez más, Picasso", Correo Literario, 26, 1-12-1944.
"París", Cabalgata, 2, 15-11-1946. [Asinado co pseudónimo Felipe Arcos Ruíz].
"Exposición en Amauta", Correo Literario, 36, 15-5-1945. [Con motivo da exposición "Lo Real a través de los Dibujos de...", celebrada nesta galería. Asinado co pseudónimo Arcos Ruíz].
"Segundo centenario del nacimiento de Don Francisco de Goya y Lucientes", Cabalgata, 5, 10-12-1946. [Asinado co pseudónimo Felipe Arcos Ruíz].
"Fondo de Taller: Portinari y Colmeiro", Del Arte, Buenos Aires, marzo, 1963.
"Pablo Picasso", Clarín. Cultura y Nación. Buenos Aires, 12-4-1973.
"Un fotógrafo sen concesiós", no catálogo da exposición do fotógrafo galego José Suárez, celebrada na Casa do Brasil, en 1977.

Artigos de combate

"El romancero de la guerra civil", El Mono Azul, 5, 24-9-1936.
"Cantar en la guerra", El Mono Azul, 9, 22-10-1936.
"Palabras a un miliciano anónimo", El Mono Azul, 10, 29-10-1936.
"La vanguardia de la producción. Un nombre de sacrificio y heroísmo. Toda la fábrica es una brigada de choque" Ahora. Diario de la juventud, 64, 12-3-1937.
"Desde Guadalajara. Invasión. España contra el fascismo italiano", Ahora. Diario de la juventud, 68, 17-3-1937.
"Las muchachas al servicio de la victoria.", Ahora. Diario de la juventud, 95, 17-4-1937.
"Apuntes de la guerra y la revolución. Un prisionero y tres evadidos", Ahora. Diario de la juventud, 205, 21-8-1937.
"De las trincheras a la escuela", Ahora. Diario de la juventud, 205, 21-8-1937.
"Contra viento y marea. De la disconformidad a la conformidad, y otras cosas", Hora de España, IV, xuño, 1937.
"Bilbao", Hora de España, VII, xullo, 1937.
"Carta a un amigo maquis", Correo Literario, 20, 1-9-1944.

Traducións e adaptacións

- Diarios íntimos y Consejos a los literatos jóvenes / Charles Baudelaire. Selección, tradución e prólogo de Lorenzo Varela, en Taller, XII. México, xaneiro-febreiro, 1941, 79-94.
- Cartas a Madame Recamier / Benjamin Constant. Buenos Aires, Nova, 1943.
- La bohemia galante / Gérard de Nerval. Buenos Aires, Nova, 1943.
- Curiosidades estéticas / Charles Baudelaire. Selección, tradución e prólogo de Lorenzo Varela, Editorial Poseidón, Buenos Aires, 1943.
- Como si nada hubiese pasado / Teubal June. Botella al Mar, Buenos Aires, 1953.