Seminario de Lexicografía

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Proin feugiat sollicitudin lacus, at ullamcorper velit pulvinar nec. Nam varius fermentum vulputate. Fusce ac neque sed libero maximus aliquam condimentum quis magna. Phasellus nec venenatis arcu, in consectetur massa. Maecenas iaculis nisl quis dictum convallis. Ut pretium euismod condimentum. Aenean eleifend, nisi eu scelerisque mattis, nunc metus posuere sapien, ut condimentum neque mauris sit amet mauris. Integer at cursus turpis, nec feugiat mauris. Quisque rhoncus libero ut mauris ultrices mollis.

Por que hai que dicir “grazas” e non “gracias”?.
Existiu sempre ou é un invento recente?

Existiu “grazas” e ademais foi con bastante diferenza a forma máis usada desde os inicios do idioma e tamén a que se documenta máis nos textos medievais. E esta é a razón pola que a norma aposta pola súa restitución, porque é a nosa forma histórica, xa que “gracias” non aparece ata contra o final da idade media, e despois é certo que se vai estendendo pouco a pouco xa na lingua moderna, pero moi probablemente por influencia da lingua de contacto, por ser a forma coincidente co castelán.

Por iso é importante recuperar “grazas”, que ven do gratia latino o mesmo ca “graza” ou “desgraza”, e todas elas presentan a evolución esperable nas palabras patrimoniais, que son as que están desde máis antigo na lingua. Tódalas patrimoniais o -i desta terminación -tia vaise transformando e acaba desaparecendo, dando como resultado -za. Por iso de pigrizia temos “preguiza”, de cupiditea “cobiza” o de praesentia damos en “presenza”. Só se mantén o -i desta terminación nos cultismos, por exemplo en “noticia”, “ledicia” ou “farmacia”. Porque estas son palabras que entran xa bastante máis tarde na lingua e están expostas a un menor tempo de evolución e transfórmanse menos, quedando máis parecidas o étimo latino.

En definitiva que é case unha cuestión de xustiza histórica recuperar “grazas”, por que é sen dúbida a nosa forma máis propia e mais tradicional.

Pregúntase ás veces pola diferenza entre “alcanzar” e “acadar” ou tamén polo significado concreto que ten “acadar” para non entrar en confusións.

A resposta non é doada porque realmente “alcanzar” e “acadar” comparten un gran número de significados. Iso fai que sempre que utilizamos “acadar” podamos utilizar “alcanzar”, pero non o contrario.

Dise por exemplo que “como non chego para coller algo que está moi alto” podo tanto dicir que “non o podo alcanzar” como que “non o podo acadar”. En cambio con outros significados como por exemplo se os cartos non me chegan podo dicir “o diñeiro que levaba na carteira no me alcanzaba para pagar o billete” pero nese caso non podería dicir “acadar”.

Creo que para evitar confusións e andar seguros convén fixarse máis no significado de “acadar” que é o que é máis restrinxido. “Acadar” úsase cando temos que esforzarnos por chegar a algo como cando temos que movernos para conseguir coller ou alcanzar unha cousa, e iso tanto se nos temos que subirnos por exemplo a unha escada o unha cadeira para poder coller algo que está alto, como cando temos que amañarnos para conseguir recoller polo aire algo que se nos lanza.

Di unha cantiga popular “Santo que estás no canizo / bota as castañas abaixo / como non teño mandil / acádochas no refaixo”

Ás veces oímos nos medios de comunicación que un xogador “curta unha xogada” ou tamén oimos falar ou lemos nalgún xornal falar dos “recurtes económicos”. As formas correctas en galego serían “corta” ou “corta a xogada”, ou falar de “recortes” ou “recortes económicos”.

O verbo “cortar” pode conxugarse en galego como “corto”, “cortas”, “corta” ou “corto” “cortas” “corta” con vogal pechada ou con vogal aberta e o verbo “recortar” da mesma maneira, e os substantivos relacionados son “corte” ou “corte”, “recorte” ou “recorte” con vocal pechada ou ben con vogal aberta, das dúas maneiras se pode dicir.

Non hai que confundilo con “curto” que é “de escasa lonxitude ou de pouca lonxitude”, nin co verbo “acurtar”, relacionado con “curto” que é “facer máis curta unha cousa”.

“Cortar” e “acurtar” son dous verbos distintos en galego que non deben confundirse.

Sección de lingua
Máis seccións
Dúbidas
frecuentes

Consulta o repositorio coas dúbidas máis salientables por parte dos usuarios

Envíanos a
túa consulta

Dende aquí podes enviar a túa dúbida ou consulta. Escolle o tipo, envíanos a dúbida e damosche resposta o máis axiña posible.