Seminario de Gramática
Nesta sección, resolvemos algunhas dúbidas gramaticais. Para calquera dúbida, pode contactar connosco:
Podemos dicir “Os alumnos que teñan suspendido a proba parcial deberán facer o exame final”.
Teríamos que dicir “que teñan suspendida a proba parcial”, e dicir utilizando o participio concordando co obxecto directo, ca proba, neste caso en feminino. “Que teñen suspendido” sería unha tradución calcada do castelán “que han suspendido” e esa perífrase “ter + participio” en galego non significa asignación pasada si non que significa concretamente unha acción reiterada, reiterada o ano pasado. “Teño ido a esa feira” é que fun varias veces a esa feira non é que fun hai pouco ou recentemente a esa feira.
Por tanto “teñen suspendido a proba parcial” non é posible en galego, en cambio si que é posible “que teñan suspendida a proba parcial”.
Por que dicimos “silencio” e non “silenzo”?
O resultado normal das palabras que en latín acababan en -tio/-tia como fortia é forza. De aí que as palabras patrimoniais que viven na nosa lingua desde as súas orixes teñen finais en -za e -zo, por exemplo “pazo” ou “forza”, que son coñecidas pero tamén outras como “presenza”, “espazo”, “diferenza”, “graza” ou “xustiza”.
Outras palabras que entraron máis tarde, cando comezou a utilizarse a lingua en textos cultos, e proceden directamente do latín, en cambio conservaron os finais máis próximos á raíz latina como é o caso de “silencio”.
Como é que “ditado” non leva “c” e “adxectivo” si?
Este tipo de palabras proceden todas elas do latín, onde era moi frecuente a existencia destes grupos de consoantes que se desfixeron cando naceu o noso idioma. Normalmente se desfixeron porque a primeira consoante pasou a ser unha vogal. Vémolo por exemplo en lacte, que nos dicimos “leite” pero podémonos fixar que tamén dicimos “lácteo”, ou en nocte que dicimos “noite”, pero en cambio dicimos “nocturno”, que nos está lembrando esa orixe. Entón nas palabras patrimoniais realmente o que temos é -ei, ou -oi, ou -ou por exemplo “doutor”, “feito”, “troita”.
Pero outras palabras entraron máis tarde no idioma, a través da lingua escrita e entón foron tomadas directamente do latín. Neste caso houbo vacilación, houbo casos en que se mantiña a pronuncia coa consoante latina como en “adxectivo” o en “obxecto”, e noutros tendeu a evitarse a pronuncia desa consoante, sobre todo cando vai precedida de vogal “i” ou “u”. Por tanto, as palabras en que ese grupo ía precedido de “i” ou “u” como “ditado”, “ditar” o “estrutura”, simplemente elimínase o grupo culto. Nas que ese grupo vai precedido de “a”, “e” ou “o” como “práctico”, “obxecto”, mantense a consoante culta.
Sección de lingua
- Seminario de Gramatica
- Seminario de Lexicografía
- Seminario de Onomástica
- Seminario de Sociolingüística
- Seminario de Terminoloxía
Máis seccións
Dúbidas
frecuentes
Consulta o repositorio coas dúbidas máis salientables por parte dos usuarios
Envíanos a
túa consulta
Dende aquí podes enviar a túa dúbida ou consulta. Escolle o tipo, envíanos a dúbida e damosche resposta o máis axiña posible.