Sección de Historia
A Sección Historia da Real Academia Galega ten en marcha os seguintes grupos de traballo:
Grupo de Música
O Grupo de Música ten como finalidade divulgar o patrimonio musical que atesoura a Real Academia Galega. Deste xeito, encárgase de catalogar os fondos musicais conservados, moitos deles únicos e de gran valor histórico e artístico, como son partituras orixinais, reproducións históricas das que se conservan poucos exemplares, coleccións e arquivos persoais...
O principal resultado do grupo de traballo ata a data é a catalogación da obra de Marcial del Adalid e a elaboración dunha web, marcialdeladalid.academia.gal, onde pode descargarse a práctica totalidade das súas composicións, conservadas no arquivo da RAG desde 1928. A web está acompañada dunha bibliografía de Marcial del Adalid elaborada pola especialista na obra deste músico Laura Touriñán Morandeira.
Sección de lingua
- Seminario de Gramatica
- Seminario de Lexicografía
- Seminario de Onomástica
- Seminario de Sociolingüística
- Seminario de Terminoloxía
Máis seccións
Dúbidas
frecuentes
Consulta o repositorio coas dúbidas máis salientables por parte dos usuarios
Envíanos a
túa consulta
Dende aquí podes enviar a túa dúbida ou consulta. Escolle o tipo, envíanos a dúbida e damosche resposta o máis axiña posible.