Académicos e académicas

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano

A Coruña, 1856 - Ourense, 1940

A Coruña, 10 de abril de 1856 – Ourense, 14 de xuño de 1940

Musicólogo e crítico musical, Indalecio Varela Lenzano residiu a meirande parte da súa vida en Lugo, onde traballou como funcionario da Deputación Provincial. Estudou solfexo e canto da man de Xoán Montes, figura artística que analizou polo miúdo na entrada correspondente da enciclopedia Lugo y su provincia. Libro de oro (1929).

Realizou numerosos traballos monográficos sobre a música galega, entre eles Estudio sobre los orígenes y desarrollo de la música popular gallega (1892) e Estudio biográfico-crítico de D. José Pacheco, maestro de capilla que fué de la catedral de Mondoñedo (1897). Tamén publicou artigos como “Las sociedades corales gallegas”, publicado en El Eco de Galicia (1893) e “El Himno Gallego” (1931), que viu a luz no Boletín da Real Academia Galega.

A música española foi igualmente do seu interese. Arredor dela escribiu o ensaio Monografía sobre la música patriótica española (1901) e as particularidades da pianística en Del piano y de los pianistas (1905). 

Membro fundador da Real Academia Galega foi, así mesmo, correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e presidente da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Lugo. En 1926 recibiu a medalla ao mérito no traballo.