Xosé María Lema, premio San Martiño de Normalización Lingüística

Xosé María Lema Suárez (Vimianzo, 1950) recollerá a mediados de novembro o premio San Martiño de Normalización Lingüística en recoñecemento á súa traxectoria. O académico correspondente resultou distinguido nos XXVIII galardóns que concede a Asociación Cultural O Brado, na modalidade Premio á normalización lingüística a toda unha vida.
Xosé María Lema

Nesta edición tamén foron recoñecidos Manuel Pereira Valcárcel co Premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós-Terra de Montes e Uxía Senlle co Premio á normalización no ámbito galego. Os galardóns serán entregados nun acto aberto a todo o público que terá lugar no Teatro Principal da Estrada a segunda semana de novembro.

Xosé María Lema é desde 2002 membro correspondente da Real Academia Galega, onde forma parte do Seminario de Onomástica. Este é un dos eidos aos que presta atención na súa obra, que tamén profunda na historia da arte, a etnografía, a lexicografía e a lingüística. Membro do padroado do Museo do Pobo Galego, exerceu a docencia como catedrático de Xeografía e Historia e foi premio extraordinario de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela. Como investigador recibiu ademais os premios Pedrón de Ouro de Etnografía (1976) e Antón Losada Diéguez (1994). 

O seu labor como articulista mereceu o Premio Manuel Reimóndez Portela (2010) por unha serie de cinco artigos en defensa da lingua galega. Foi un dos fundadores de ProLingua e coautor do Dicionario Xerais da Lingua (1985), Pequeno Dicionario Xerais (1989), Gran Dicionario Xerais (2000) e Diccionario dos Nomes Galegos (1992).

Como narrador, o académico correspondente é autor de Costa do Solpor (Xerais Narrativa, 2013), Premio da Crítica Galicia de creación literaria 2014, e Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro (Xerais, Fóra de Xogo 2017).

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Venres 16 de novembro de 2018 / 20:00 h
Charla da campaña Toponimízate en Moaña
Mércores 21 de novembro de 2018 / 16:30 h
Charla da campaña Toponimízate en Miño
Xoves 22 de novembro de 2018 / 13:00 h
Ourense: Exposición dos 150 anos da 'Gramática' de Saco Arce
Xoves 22 de novembro de 2018 / 16:30 h
Ourense: Homenaxe a Saco Arce. 150 aniversario da 'Gramática gallega'
Venres 23 de novembro de 2018 / 17:30 h
Charla da campaña Toponimízate en Parada de Sil
Martes 27 de novembro de 2018 / 13:00 h
'Toponimízate' chega a Cospeito
Martes 27 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno
Mércores 28 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno
Venres 30 de novembro de 2018 / 19:00 h
Charla da campaña Toponimízate en Cariño

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar