Entrega dos premios do VII Concurso de microrrelatos

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e o presidente de PuntoGal, o tamén académico Manuel González González, entregarán os nove premios do seu VII Concurso de microrrelatos nun acto público que terá lugar no auditorio da Fundación Luis Seoane (rúa San Francisco, 27 - A Coruña).