A Academia dedicaralle o Día Mundial da Poesía a Xohana Torres

A Real Academia Galega dedicaralle o Día Mundial da Poesía a Xohana Torres. A escritora e académica de número, falecida o pasado mes de setembro, será recordada o vindeiro 21 de marzo nun acto literario e musical, a partir das 19:30, no que poetas de distintas xeracións e amizades da autora lerán e comentarán desde unha perspectiva persoal fragmentos da súa obra. Guadi Galego e Guillerme Fernández poranlle música a esta homenaxe. Está prevista tamén a participación da filla da escritora, Andrea Ellacuría Torres.
Xohana Torres por Laxeiro
 

Tamara Andrés, Xosé Manuel Beiras, Berta Dávila, Xosé Luís Franco Grande, Margarita Ledo, Carlos Negro, Ánxeles Penas, Luz Pozo Garza, Ismael Ramos, Ánxela G. Abalo,Gustavo Pernas e Euloxio R. Ruibal recitarán e comentarán anacos de obras Xohana Torres, desde versos de Do sulco -o seu primeiro poemario, publicado en 1957- e un fragmento da obra teatral Da outra banda do Iberr (gañadora do Premio Castelao en 1966) ata poemas de Estacións ao mar (Premio da crítica española en 1981) e Tempo de ría (1992).

Tras a apertura do acto a cargo do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, Marilar Aleixandre presentará o programa, que arrincará coa loanza, a cargo da poeta Ana Romaní. O serán continuará cos recitados e as actuacións musicais. Na última parte da celebración, será o académico Xesús Alonso Montero, director da Sección de Literatura da RAG, quen recorde a Xohana Torres.

As intervencións e os textos escolmados serán recollidos nun volume de homenaxe a quen foi unha das voces máis destacadas das letras galegas contemporáneas que medraron na posguerra.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Venres 14 de decembro de 2018 / 12:00 h
Xinzo de Limia - IES Lagoa de Antela: Charla da campaña 'Toponimízate'
Mércores 19 de decembro de 2018 / 10:00 h
Ribadumia - CPI Julia Becerra Malvar: Charla de 'Toponimízate'

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar