Xesús Alonso Montero inaugura a 'Tribuna'

Con esta nova sección, os membros de número, correspondentes e de honra da Academia poderán achegarnos a súa ollada sobre asuntos de interese da actualidade cultural galega ou da súa especialidade.
Víctor Said Armesto
Víctor Said Armesto


A Tribuna ten entre os seus obxectivos, ademais de incidir nos debates en curso na sociedade e na cultura galega de hoxe, darlle visibilidade cunha frecuencia semanal na súa páxina web ao maior activo co que conta a Academia: os seus membros de número, de honra e correspondentes.

O presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, é o encargado de inaugurar esta nova sección cun artigo sobre o filólogo pontevedrés Víctor Said Armesto (1871-1914), autor dun dos ensaios canónicos sobre o mito de Don Juan, La leyenda de Don Juan, e primeiro titular dunha cátedra de Literatura galaico-portuguesa, a creada na Universidade Central de Madrid, precedente da actual Universidade Complutense.

Nesta ligazón podes acceder ao primeiro artigo da Tribuna.