"Se algo caracterizaba a Luz Pozo Garza é a luminosidade que tamén está na súa poesía e á que fai referencia o título desta exposición. Visitar a súa obra nesta mostra e nos seus libros é algo que, como presidente da RAG e compañeiro de Luz durante anos, agradezo", expresou o presidente da Academia na inauguración antes de recitar un dos poemas da autora.
Víctor F. Freixanes participou na inauguración da mostra xunto ao fillo de Luz Pozo Garza, Gonzalo Vázquez Pozo; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.