Un poema de José Ángel Valente

O poeta ourensán José Ángel Valente (1929-2000), considerado unha das grandes voces da poesía española da segunda metade do século XX, deixou tamén unha importante obra escrita en galego reunida baixo o título Cántigas de alén.
Gravado de Chillida que ilustra a obra
Un dos gravados de Chillida que ilustra a obra


En palabras do profesor e poeta Claudio Rodríguez Fer, autor do prólogo deste libro: "Valente tendeu a escribir disolto nas profundidades das orixes, trascendendo do persoal e do antropolóxico para falar, como na composición "Máscaras", ‘do ser que foi, do que latexa aínda, do que aínda será, do que non será nunca, do que xamais ten vido'".

VII
Esmorecen os soños,
cae a noite na noite.
Non hai luz que non sexa
o brancor dos teus seios.

Aíllame no alento.

Que eu poida ouvir aínda,
como Alexander Blok,
o chío das galaxias
cando brile no ceo a cauda acesa
do cometa Halley e cando todos
os sinais fo fin
teñen sido xuntados.
Imos
cara ó serán, amor, do século
sin saber si aínda hai
ventura saecula
ou si a face do enigma non será
nosa face no espello
e si tódalas verbas
non te serán,
sin sabérmolo nós, de seu comprido.


Cántigas de alén (Barcelona, 1996).