O poema que reproducimos máis abaixo está tirado do libro Coroa poética para Castelao (Ediciós do Castro, 1988), con edición a cargo de Xesús Alonso Montero, no que se recollen 187 poemas dedicados ao escritor e político rianxeiro.
Una veu que ens ve de lluny
Homenatge a Castelao
Por quins camins reconeixem l'aurora?
Móbil claror, ombres que es defineixen
a sol ixent fins que els ulls s'enlluernen
tornant al buit de la força excessiva.
I tanmateix sabem el veïnatge
dels esguards, cars, de les clares paraules,
la bona llei del qui sofreix pels altres
donant-ho tot, sense esperar-ne paga.
La seva veu ressona avui segura,
i ens sobtarà mentre hi hagi cadenes
endogalant la llibertat d'un poble
-el teu o el meu, lluny, Castelao, encara!
[tradución]
Unha voz que chega de lonxe
Homenaxe a Castelao
Por que camiños recoñecemos a aurora?
Móbil claridade, sombras que se definen
no sol nacente ata cegar os ollos
tornando ao baleir da forza excesiva.
E, porén, coñecemos a veciñanza
as miradas, caras, das claras palabras,
a boa lei do que sofre polos outros
entregándoo todo sen agardar nada.
A súa voz resoa hoxe segura,
e sorprenderanos mentres haxa cadeas
pexando a liberdade dun pobo
-o teu ou o meu, lonxe, Castelao, aínda!