Un poema de 'Darío a diario', de Xela Arias

A poeta luguesa Xela Arias (1962-2003) publicou en 1996 o poemario Darío a diario dedicado ao seu fillo.
Capa do libro.
Capa do libro


Nesta composición podemos apreciar algunhas das características que a crítica salientou na escrita de Arias: a referencia á realidade inmediata e cotiá na escolla dos temas, a sinxeleza na composición e o emprego dunha lingua accesible.

Por gracia de diferencias vin cheas
charangas e discotecas;
no parque
afogamos cunha palabra cento e mil significados.

Tódalas nais serán nais e tódolos fillos fillos
mais,
con perdón tamén
difiren as bandeiras e entre si os rios.

Darío a diario (Vigo, 1996)