Poema manuscrito de Novoneyra (Arquivo RAG)
O protagonista do Día das Letras Galegas 2010, Uxío Novoneyra, practicou a caligrafía con intención artística, unha modalidade de escrita manual moi semellante á do shodo xaponés que o poeta do Courel debía coñecer ben, dada a súa afección confesa polos haikus e a cultura nipona.
O poema que reproducimos arriba está incluído na colección Falorpiñas de neve, e vai encabezado pola seguinte dedicatoria: "Pra os meus pais que m´asiñaron a falar".