'Terra Cha', de Manuel María

A evocación da paisaxe da súa terra natal foi un dos temas preferidos de Manuel María Fernández Teixeiro, máis coñecido como Manuel María (Outeiro de Rei, 1929-A Coruña, 2004).
Imaxe de Vilalba e a súa contorna
Imaxe de Vilalba e a súa contorna (Portfolio Galicia, 1904)


Na breve composición que reproducimos máis abaixo pódense apreciar algún dos trazos de estilo característicos do poeta chairego: contención expresiva, sonoridade, equilibrio na composición e pouso existencial.

TERRA CHÁ

A Terra Chá somentes é:
un povo aquí, outro acolá,
mil arbres, monte raso,
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto é soedá.

Terra Cha (1954-1989)

De Antoloxía Poética (Espiral Maior, 1995)