Amado Carballo retratado por Maside
A peza que reproducimos máis abaixo está tirada do libro Proel, de 1927, que se pode consultar en liña aquí. O Galo, do mesmo autor, pódese ler nesta ligazón.
TABERNA
Chove fora. Nas pozas
aboya a luz do gas.
Na lameira da rua
entérrase un cantar.
Mariñeiros de Amberes
de Cork e Rotterdam...
O acordeón borracho
fala inglés, alemán...
. . . . . . . . . . . . . . . . . .
Na folla do coitelo
fuxe a luz cal no mar.