Lois Pereiro (1958-1996)
A prematura morte de Lois Pereiro (1958-1996), privounos da posibilidade de coñecer a evolución posterior dun poeta que só precisou 38 anos para acadar a categoría de mito. O texto que reproducimos a continuación -incluído no libro Poemas 1981/1991, publicado por Edicións Positivas en 1992- foi o escollido como poema da semana.
Remorsos
A néboa en Monforte fumadora de opio
é nai de siluetas furtivas
e saúdo ó perigo que brilla
na face escura dos teus soños
a verquer nas veas a bágoa fatal.
E triste non dorme no fondo dos ollos
medrando no reflexo eterno
dos corpos afogados profecías
cando baño a navalla destas artes
no sangue doutro drama que se acolle
no refuxio da túa arte máis lene
coma unha man esférica que acepta.
"Eu son un deus sensual"
e cando cae o sol
fustrigo á beleza no mesmo cabalo.