Publicación de 'O resplandor primeiro. Estudos en homenaxe a Pastor Díaz'

O 1 de decembro de 2011 a Academia rendeulle homenaxe ao poeta Nicomedes Pastor Díaz polo bicentenario do seu nacemento.
Xosé Ramón Barreiro
Xosé Ramón Barreiro


O político e poeta viveirense Nicomedes Pastor Díaz (1811-1863) é considerado un dos predecesores do Rexurdimento cultural galego. Por esta razón, a Academia rendeulle, en decembro de 2011, unha homenaxe coordenada polo membro numerario Xosé Ramón Barreiro na que participaron os profesores Luís Caparrós e Emilio Xosé Insua, o finado doutor Fausto Galdo, entón cronista oficial de Viveiro, e o propio Barreiro Fernández.

As conferencias pronunciadas naquela ocasión son as que aparecen agora reunidas e publicadas nesta monografía: O resplandor primeiro. Estudos en homenaxe a Nicomedes Pastor Díaz, que se pode descargar aquí.