Fragmento dun manuscrito reproducido no libro
En cadea e sen prijon é o título desta monografía, editada polo secretario da Academia Xosé Henrique Monteagudo Romero, na que se reúnen vinte tres composicións datadas entre o ano 1380 e o 1430, e cuxa autoría, aínda por determinar de xeito definitivo, semella corresponderlle ben a Afonso Paez, ben a Joan Garcia.
En canto ao seu contido, a maior parte das pezas reunidas corresponden ao xénero dos dizeres, composicións líricas de temática amorosa destinadas a seren recitadas sen acompañamento musical, como no caso das cántigas. O volume complétano, ademais, un longo poema piadoso de 103 versos que supón unha importante novidade respecto do canon asentado polas Cantigas de Santa María, unha sátira persoal e un debate poético entre os citados Afonso Paez e Joan Garcia.