Rosario Álvarez na entrega dos premios Cidade de Pontevedra. Fonte: Concello de Pontevedra
Rosario Álvarez é catedrática de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela,e directora da Sección de Lingua da Real Academia Galega, á que pertence como membro de número dende 2003, e en 2018 converteuse na primeira presidenta do Consello da Cultura Galega. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, gabou o seu traballo a prol da lingua galega, un labor "dunha valía incalculable para este país, no que tantas veces temos que asistir, mesmo desde o exercicio da acción pública, aos reiterados intentos de minorizar o noso idioma a través de todas as formas posibles", expresou.